Notas de prensa

Núñez Feijóo inicia en Salvador de Bahía (Brasil) a súa primeira viaxe ao exterior

O mandatario galego Alberto Núñez Feijóo inicia en Salvador de Bahía o seu periplo por terras de Brasil, Arxentina e Uruguai onde procurará difundir o Xacobeo 2010 e manifestar a súa aposta pola emigración galega de sempre.

O presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, resaltou a súa chegada a Sao Paulo, en escala cara a Salvador de Bahía, onde lle será concedido o título de Ciudadano Bahiano, que os principais obxectivos da súa viaxe pasan por “mellorar os lazos institucionais e económicos, impulsar o Xacobeo 2010, e fortalecer o compromiso e o afecto coa colectividade”.

Neste sentido, o mandatario galego quixo destacar a importancia de “profundar nas relacións cunha parte do mundo que para Galicia ten obxectivos culturais, históricos, institucionais, económicos e, por suposto, coa colectividade, coa emigración”. “Brasil, Arxentina e Uruguai acollen a miles de galegos; probablemente, as colonias máis importantes se ubican nesta zona de América do Sur”, incidiu.

Así, e en referencia á primeira das tres metas propostas, a da mellora dos lazos institucionais e económicos coa rexión, Feijóo sinalou que con países como Brasil, “unha das primeiras potencias do mundo”, existe xa “un intercambio en importacións e exportacións” que beneficia á nación sudamericana e que, polo tanto, “pódese exportar moito máis a este gran país, sobre todo en época de crise, cando hai menos posibilidades de exportar ao resto de España e de Europa”.

Por outra banda, e no tocante a difusión do Xacobeo 2010, o presidente galego manifestou o seu desexo de poder “ensinar e animar: ensinar o que imos facer e animar á xente a que veña a Galicia”. “Imos intentar que cada centro galego se converta nunha embaixada do Xacobeo, e que cada galego se converta nun embaixador do Xacobeo”, puntualizou.

O compromiso coa emigración

Así mesmo, Núñez Feijóo quixo lembrar, tamén, que o terceiro obxectivo de estreitamento dos vínculos coa colectividade é un propósito ao que aspiraron e no que traballaron todos os seus predecesores no cargo. “Trátase dun compromiso iniciado por todos os presidentes da Xunta, desde 1992 con Xerardo Fernández Albor, os 16 anos de Manuel Fraga, os 4 anos de Emilio Pérez Touriño; e agora, por suposto, imos continuar por esta senda”. Unha senda que, como resaltou o propio Feijóo, transitará pola “equiparación de dereitos, tanto sociais, no ámbito da sanidade e no ámbito dos servizos sociais, como dereitos fundamentais”, especialmente o “dereito ó voto, que significa un voto nunha urna de cristal”.

Por último, o titular da Xunta amosou o seu agradecemento pola concesión do título de Ciudadano Bahiano. “Veño a agradecer formalmente á Asemblea Xeral do Estado de Bahía o título de Ciudadano Bahiano. E veño a agradecer e a recoñecer que quen consigue realmente ese título son os 30.000 galegos bahianos, que foron os que instaron ao parlamento a este recoñecemento, que non é a unha persoa se non que é a Galicia, e neste caso a quen ocupa a presidencia de Galicia neste momento”, rematou.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia, 2009-12-03

Actualidad

Foto del resto de noticias (puente_de_rande_nuevo_2.jpg) El ministro de Fomento, José Blanco, ha defendido priorizar la ampliación del puente de Rande, por el que atraviesa la autopista AP-9 porque, según ha comentado, es la medida "más rápida y eficaz" para garantizar la movilidad entre Vigo y O Morrazo. Según ha explicado el ministro de Fomento, Rande es la "primera opción" para comunicar el área metropolitana de Vigo, ya que es la "más rápida" para "romper" el "colapso" que se produce.
Foto de la tercera plana (papa_benedicto.jpg) El Arzobispado de Santiago ha pedido la participación de un total de 500 voluntarios para la visita del Papa, Benedicto XVI, el día 6 de noviembre en una iniciativa bautizada como Voluntariado 6N. Los interesados pueden inscribirse en la web www.depasxuventude.org hasta el día 20 de septiembre. Los participantes deben tener entre 16 y 36 años y recibirán formación en una jornada que se celebra el 30 de octubre. Estos jóvenes se posicionarán en el entorno de la Catedral.

Notas

A mítica banda dos anos sesenta The zombies actúa por primeira vez en Galicia da man do ciclo Xacobeo Importa. O concerto programouse para o 11 de novembro na Sala Mondo de Vigo e súmase aos de Mudhoney, Young Fresh Fellows e Interpol, e repasa os seus éxitos para os máis nostálxicos.
Coincidindo co Día do Cooperante, presentouse en Compostela o Rexistro de Cooperantes no Exterior no que Galicia é pioneira. Según os datos, o perfil do cooperante galego é unha muller, de entre 25 e 35 anos, que traballa para unha ONGD de América.
ACTUALIDAD  
PORTALES  
SERVICIOS  
ENLACES  

RSS Válido

HTML Válido

CSS Válido

Add to Technorati Favorites

AGENDA
Agenda de Galicia Digital
BUSCADOR


Editorial

Botando contas: O Parlamento é o lugar onde se pode falar con enteira liberdade, e onde as a...
  • Agenda de actos.
  • Teléfonos de interés.
  • Crea tu agenda.
PATROCINIO
Diputación de Lugo
Diputación de Ourense
PUBLICIDAD
WEBS DE GALICIA
Promoci�n Webs
FOTOGRAFÍA
Certame Muralla
PUBLICIDAD
Deputación de Lugo
PUBLICIDAD
Rueda Rueda
PUBLICACIONES
Publicaciones
Ranking Alexa
Revista Egap
ALEXA
Para navegar más eficazmente:
Alexa
más información