Buscador
Noticias
O secretario xeral de Relacións Exteriores pronunciou na Coruña un breve ante 11 cónsules honoríficos onde destaca o interese de Galicia por liderar o debate sobre o futuro da política rexional, a partir de 2013, co obxectivo de que os fondos europeos vaian baixando.
Testosterona é un proxecto de creación escénica e intervención cultural sobre identidade e construción de xénero. O proxecto púxose en marcha no mes de xullo de 2008.
Che Carrera, falecido recentemente, entre os seus moitos compromisos coa sociedade, consideraba que un bo compromiso era facer que a xente pensara co teatro. Un dos seus últimos retos foi colaborar coa compañía Atrezo Teatro representando a César.
O Concello de Ferrol e a Universidade de A Coruña os distinguen cos premios de investigación que na categoría Enxeñería Naval recaeu no proxecto dunha embarcación adaptada a discapacitados.
O público infantil é o destinatario da obra que a Concellería de Cultura de Tui presenta no Teatro Municipal. Os soños na Gaiola, a cargo da Compañía do Trinke Trinke, é unha obra homenaxe ao escritor da Terra Chá Manuel María. A acción transcorre nun piso dunha cidade, onde sentado nun sofá dorme un velliño que ata hai pouco vivía na súa aldea.
Carlos R. Guerreiro demostra o gran nivel dos pilotos Curuxarallye Seis foron os equipos participantes dentro deste trofeo reservado para os pilotos que debutan nos rallyes do 2009. Tódolos participantes, excepto un, deron chegado ó final do rallye.
O proxecto galego aborda a solución técnica de todos os aspectos que frearon o uso real da sinatura electrónica dixital: a Certificación de Rol, o selado de tempo e a revisión dos certificados dixitais revogados.
Mesas redondas, exposicións e congresos complementan o programa de actos conmemorativos do Día Internacional da Muller Traballadora que, ademáis, instaura o galardón Oito de Marzo en recoñecemento da loita pola igualdade.
A Axencia Galega das Industrias Culturais concederá en 2009 axudas ao sector audiovisual galego por importe de 2.700.000 euros a través de seis liñas destinadas á produción, creadores individuais, desenvolvemento de proxectos, contidos interactivos e curtametraxes e videoclips.
O dispositivo, patentado pola empresa Kafloat, permite evitar ou retrasar o afundimento dun barco en caso de vuelco, escora ou vía de auga, a través dun sistema de flotadores.